Ver vídeo

#BilletesDeAquí

O comercio local é un proxecto de vida, que dá vida á cidade

Ver vídeo

Por que

Propoñémosche un trato. Comprar no pequeno comercio a cambio dun sorriso.

O fin do confinamento traerá un aluvión de descontos e rebaixas promovido polas grandes cadeas. Os pequenos comercios teñen as trastendas cheas de xénero que non puideron vender pero non poden competir coas súas ofertas para atraerte.

Por eso, #BilletesDeAquí no es una promoción que te ofrece descuentos o algún beneficio económico. Seguro que algunos comerciantes tienen un detalle contigo pero ese no es el motor de esta iniciativa.

#BilletesDeAquí é un movemento social que che pide compromiso e xenerosidade e a cambio non che ofrece nada material. Tan só a satisfacción de sentirte útil e contribuír a unha comunidade mellor. Pedimos o tu compromiso cun modelo económico a escala humana, que prima a economía local, as nosas cidades e os nosos veciños.

En 2019 en España desapareceron 31 comercios de media ao día*

A irrupción de plataformas dixitais, a competencia insostible dos grandes almacéns, as cadeas de tendas e os novos hábitos de compra en internet ameazan a supervivencia do pequeno comercio. E se o escenario non era xa dramático dabondo para o sector, a Confederación Española del Comercio (CEC), estima que coa crise do coronavirus, un 20% dos comercios locais van ter que pechar. Isto tradúcese en 80.000 establecementos, cunha destrución de 240.000 empregos. **

A iniciativa

Queremos que cada cidade de España teña de man unha acción áxil que permita manter os billetes circulando na súa zona. Unha idea simple, aberta a todos e fácil de facer:

  • O diñeiro en metálico que gastamos nas tendas locais segue circulando na mesma zona polo menos tres veces antes de desaparecer na economía xeral.
  • Eses billetes crean economía circular e complicidade entre veciños consumidores e veciños comerciantes.
  • Se pagas en metálico, non hai comisións a terceiros que reduzan a marxe de beneficio do comercio local.
  • Comprar nas tendas locais é investir en ti mesmo, nos teus veciños, na túa cidade e na túa calidade de vida.